Comentario libro-película

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

Alicia no país das marabillas, como xa expliquei noutra entrada, é unha obra de Lewis Carrol. A comparación que hoxe vou a facer, é dun fragmento da película de Disney do ano 2010, cun libro dunha edición de 1973.

Na escena do filme, podemos ver a Alicia xusto despois de que lle pediran matrimonio. Ela ve a un coello branco con chaleco e un reloxo e asombrase da situación, confusa rechaza a petición e escapa ás presas atrás do coello. Neste fragmento só podemos ver ata a caída de Alicia no fondo da madrigueira, pero durante a caída ve pasar obxectos como un piano, libros, unha cama… Ao chegar abaixo, Alicia está confusa.

Neste vídeo vemos planos de distintos, comeza cun plano medio de Alicia e dun home, logo pasase a un primeiro plano dos pais e un de Alicia, hai un plano xeral de toda a xente que estaba vendo a pedida, hai tamén primeiros planos e planos xerais de Alicia correndo atrás do coello, un plano detalle dos seus pes, un xeral de cando se agacha na madrigueira e logo son todo planos variados das caidas de Alicia, tanto dende o seu punto de vista como vendo como ela se caía. O vídeo remata cun primeiro plano de Alicia no chan.

O cromatismo do comezo desta escena é en tons fríos, máis ben azulados, brancos, beige, cores pálidas, apagadas.. As imaxes que mellor representan estes tóns son o plano xeral de todas as persoas e o do namorado de Alicia de rodillas. Logo, pasase a tons oscuros, para crear intriga e curiosidade mentres Alicia cae pola madrigueira.

Só hai diálogo ao comezo, e só fala a protagonista da historia, dicindo poucas frases, en ton asustado e cobardía ante toda esa xente a que se presenta. Logo di «Hola?» e xa cae.

Esta mesma escena, no libro comeza así:

Alicia empezaba ya a cansarse de estar sentada con su hermana a la orilla del río, sin tener nada que hacer: había echado un par de ojeadas as libor que su hermana estaba leyendo, pero no tenía dibujos ni diálogos. «¿Y de qué sirve un libor sin dibujos ni diálogos?», se preguntaba Alicia.

Así pues, estaba pensando ( y pensar le costaba cierto esfuerzo, porque el calor del día la había dejado soñolienta y atontada) si el placer de tejer una guirnalda de margaritas la compensaría del trabajo de levantarse y coger las margaritas, cuando de pronto saltó cerca de ella un Conejo Blanco de ojos rosados.

No había nada muy extraordinario en esto, ni tampoco le pareció a Alicia muy extraño oír que el conejo se decía a sí mismo: «¡Dios mío! Voy a llegar tarde» (Cuando pensó en ello después, decidió que, desde luego, hubiera debido sorprenderla mucho, pero en aquel momento le parecía normal) Pero cuando el conejo sacó un reloj de bolsillo del chaleco, lo miró y echó a correr, Alicia se levantó de un salto, por que comprendió de golpe que ella nunca había visto un conejo con chaleco, ni con reloj que sacarse de él, y, ardiendo de curiosidad, se puso a correr tras el conejo por la pradera, y llegó justo a tiempo para ver cómo se precipitaba en una madriguera que se abría al pie del seto.

Un momento más tarde, Alicia se metía en la madriguera, sin pararse a considerar cómo se las arreglaría después para salir.

Al principio, la madriguera se extendía en línea recta y después torció bruscamente hacia abajo, tan bruscamente que Alicia no tuvo tiempo de pensar en detenerse y se encontró cayendo por lo que parecía un pozo muy profundo. (…)

O narrador deste texto está en 3º persoa e coñece os pensamentos de Alicia xa que fala do que pensaba Alicia e o que ela sente. Neste fragmento non hai diálogos, simplemente ela pensa para si mesma distintas frases, pero en ningún momento conversa con ninguén. O argumento deste fragmento é como unha rapaza pequena, pode chegar a fuxir atrás dun coello, sen saber donde pode chegar a acabar. Os personaxes que se mencionan son Alicia, a súa irmán e o coello branco.

Comparacións:

A diferenza máis clara de todas é o comezo, na película de Disney, Alicia sae como unha rapaza namorada, e no libro sae como unha nena que está aburrida de que súa irmán esté lendo libros, e non poida xogar con ela. Nos dous fragmentos, foxe tanto por pánico como por aburrimiento.

Logo diso, a forma na que Alicia cae na madrigueira é algo distinta, pero non tanto como o comezo, xa que é unha historia sola, con dous comezos diferentes, e dúas perspectivas, a primeira, Alicia como unha nena que está aburrida de non poder xogar e outra, Alicia como unha rapaza adolescente, aburrida do amor, e que foxe en busca de tranquilidade.

Os personaxes que saen nesta película son os seguintes:

Alicia

Resultado de imagen de alicia en el pais de las maravillasResultado de imagen de alicia en el pais de las maravillas disney 2010

O Coello

Resultado de imagen de alicia en el pais de las maravillas conejoResultado de imagen de alicia en el pais de las maravillas conejoResultado de imagen de alicia en el pais de las maravillas conejo

 

«Donas de si»

Nesta entrada vou a deixarvos un vídeo resume, do que fixemos o 3-06-2016 no I.E.S Arzúa. Os alumnos que antes éramos de 4ºESO fixemos unhas pequenas charlas sobre o machismo, a trata de mulleres, sobre a situación da muller no deporte, na música, etc. No vídeo so se pode ver unha pequena introdución sobre cada unha das exposicións, xa que as charlas duraron case 2 horas.

Entre todos, quixemos mostrarlle aos nenos de 2ºESO cal era a situación das mulleres no mundo, tanto contemporaneo como no pasado.

Donas de si ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.

 

Espero que vos guste!

Rosalía de Castro

Nun blogue dunha rapaza galega, Rosalía de Castro non podía estar ausente. Rosalía foi unha escritora galega que o 17 de maio de 1963 publicou o seu primeiro libro en galego, chamado «Cantares Gallegos» que deu paso a un movemento literario chamado «Rexurdimento»

Duas compañeiras miñas e eu, realizamos un pequeno vídeo para a asignatura de Lingua e Literatura Galega, e ilustramos o prólogo da súa obra.

Aquí vos deixo o vídeo!

«Amor»

Este vídeo é un pequeno resume do libro de Clarice Lispector que fixeron os meus compañeiros para a asignatura de portugués. De novo, eu exercín de cámara. Se queredes, podedes consultar o blogue da miña compañeira e alí ver algo máis sobre o seu traballo:  https://paraviaxarlonxe.wordpress.com/

Aquí vos deixo o vídeo!

Morder a lingua

Nesta entrada deixovos un pequeno vídeo que fixeron uns compañeiros meus e no cal eu exercín de cámara.

Con este vídeo pretenden reivindicar o dereito que debemos ter os nenos de expresarnos, a necesidade de falar, de contar o que sabemos… Queremos ter dereito á libre expresión, e que non nolo saquen polo feito de ser nenos. Para iso, os meus compañeiros empregaron unha canción de MJ, titulada «Morder a lingua».

Aquí vos deixo o vídeo!!

O meu nome na literatura !

KH-Alice

Etimoloxía

 

Alicia é un nome propio feminino de orixe grego na súa variante en español. Provén do grego antigo, e significa “verdade”. O nome popularizouse co libro “As aventuras de Alicia no país das marabillas”.

Alicia no país das marabillas

As aventuras de Alicia no país das marabillas é una obra de literatura creada por o matemático, lóxico e escritor británico Charles Lutwidge Dogson, coñecido como Lewis Carrol. O conto está cheo de alusións satíricas ós amigos do escritor, a educación inglesa e ós temas políticos da época.

O País das Marabillas que se describe na historia é creado a través de xogos con lóxica. A obra fíxose popular tanto entre nenos como entre adultos.

Alicia é unha rapaza moi imaxinativa e curiosa, e dase a casualidade de que eu son unha persoa que sempre está dando ideas para moitos aspectos, e á que lle gusta moito aprender. O personaxe adoitaba inventarse situación de fantasía mentres que falaba sola.

A historia comeza cando unha tarde, Alicia foi a descansar coa súa irmá á beira do río Támesis. A protagonista está aburrida por ter que ler ese libro, e xusto despois ve un Coello Branco que parecía que levaba presa. Ela perseguiuno con curiosidade ata o seu tobo, onde caeu por un largo buraco, vendo obxectos comúns que flotaban por ese gran pozo. Ó chegar o fondo de todo, Alicia pasou por unha serie de desventuras o intentar pasar pola pequena porta que levaría ó xardín da Raíña de Corazóns. Tras diferentes situacións, cambios de estatura, Alicia coñece os habitantes do País das Marabillas e finalmente chega ó xardín. Co tempo, acaba facendo que a Raíña de Corazóns mande executala, e logo de mandar a todos o naipes a por ela, Alicia esperta do seu soño.

Nesta obra aparecen diferentes personaxes como o Coello Branco, o Sombrereiro, a Ouruga azul, o Gato de Cheshire ou a Raíña de Corazóns, que foron tan importantes, que tiveron vida fora do conto de Alicia.

Só se conservan 23 copias da primeira edición de 1865, das cales 17 pertencen a diferentes bibliotecas, e as restantes están en mans privadas. O libro ten unha segunda parte que non é tan coñecida que se chama “A través do espello e o que Alicia atopou alí”.

Co tema do cine, fixéronse diferentes películas, algunhas da primeira parte, outras da segunda,  e outras que mezclan elementos de ámbalas dúas. Algunhas das primeiras películas fixeronse arredor do 1900, e esta duraba 8min e era unha película muda. Aquí vos deixo o enlace a YouTube para vela: https://www.youtube.com/watch?v=V5xSfAbC23Q

E a partir de aí, fixéronse distintas animacións tanto con actores reais, como ca emprega de debuxos animados. A película máis coñecida saíu no ano 2010, e foi dirixida por Tim Burton e producida por Walt Disney Pictures, e é un exemplo dunha mezcla entre ambos os dous libros. Sen dubida algunha recomendaría esta película para todos os públicos, pareceume unha película moi entretida, e que a pesar de ser de animación, e adaptada a públicos máis infantís, penso que todo o mundo debería vela. Déixovos aquí o tráiler! https://www.youtube.com/watch?v=LojpTEDlNvY

Esta obra foi traducida a numerosos idiomas, e foi no ano 1998, un exemplar da primeira edición deste libro vendeuse nunha subasta por unha suma de 1,5 millóns de dólares. A importancia deste libro fixo que o meu nome se popularizara, e debe ser por iso que as persoas que nos chamamos Alicia somos tan valiosas.

Persoalmente gústame o meu nome, e xa que significa verdade, vou a ser sincera e a dicirvos que me encanta! Tanto a súa pronuncia, como o seu significado me parecen bonitos, e creo que se poidera cambialo non o faría.

¡Díos mío, Dios mío! ¡Qué extraño es todo hoy! ¡Y ayer, en cambio, era todo normal! ¿Habré cambiado durante la noche? Vamos a ver: ¿era yo la misma al levantarme esta mañana? Casi creo recordar que me sentía un poco distinta. Pero si no soy la misma, la pregunta siguiente es: ¿quién diablos soy? ¡Ah; ése es el gran enigma!

(Alicia)

Espero que vos gustase!

~La imaginación es la única arma en la guerra contra la realidad~

Booktrailer

Este pequeno video está realizado por unha compañeira miña e por min para a asignatura de Literatura Universal.

É un pequeno booktrailer dunha novela chamada «Las chicas de alambre», do autor Jordi Sierra i Fabra, que trata temas actuais como son a anorexia, as drogas e as inxustizas da vida das modelos…Recomendo este libro tanto para literatura xuvenil como para adultos.

Na descripción hai unha breve sinopse sobre o libro.

Aquí o deixo! Gracias!

 

Vídeo de combate

Este vídeo é un traballo de clase que realizamos unha compañeira e eu. Con este filme, queremos mostrar a realidade e reivindicar un dereito que debería ter todo o mundo, que é o dereito a fogar, alimento e a unha vida en condicións. Hai moitos nenos que sofren, que morren de fame e por desgracia, cada día son máis.

Empregamos unha canción de Melendi chamada «Cuestión de prioridades» que nos parecía que contaba moi ben a situación que nos queriamos criticar.

Aquí o deixo para que o vexades!